O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá a aldea modelo de Osmo, no concello ourensán de Cenlle, e avanzou que Galicia seguirá apostando pola recuperación de terras, como as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais, como ferramenta clave para a creación de novas oportunidades e a mellora da competitividade das explotacións.
VIDEO
Deste xeito, garantiu seguir traballando e apostando polo noso rural; ao tempo que avanzou a aprobación nos próximos anos da Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, co obxectivo de regular todo o catálogo de terreos de alta produtividade agropecuaria e forestal.

Tamén se impulsará a mellora dos controis sanitarios da produción agroforestal e se desenvolverá o Plan Estratéxico de Galicia para a PAC 2021-2027, con estratexias sectoriais para o sector lácteo, o sector cárnico, a dinamización das comarcas vitivinícolas, e o apoio a outros sectores.