Ana Pontón na Estación do tren no Carballiño

No marco das visitas dos partidos políticos dentro desta campaña electoral, hoxe visitou o Carballiño Ana Pontón, reclamando melloras para salvar o transporte na comarca.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

A candidata á presidencia da Xunta visitous as instalacións da Estación de Ferrocarril do Carballiño e interesouse pola problemática que se está a vivir no ámbito das comunicación da vila con outras ciudades galegas e co resto de España. Neste sentido, presentou as propostas que lle gustaría implementar para solventar a situación e frear a persa de liñas de servizo. Denunciuou o desmantelamento do ferrocarril na nosa comarca e apostou por este medio de transporte coma un elemento dinamizador da economía e respetuoso co medio ambiente.

Estivo acompañada pola cabeza de lista por Ourense do BNG, Noa Presas, que reivindicou un transporte digno para o interior galego.