O Concello de Ribadavia convoca para oCurso escolar 2020/21, dentro da educación infantil (3 a 6 anos) unha axuda para a compra de material escolar, co obxetivo de apoiar a familias de Ribadavia con recursos baixos ou medios.
O Concello de Ribadavia segue apostando por este tipo de axuda utilizando recursos propios para o seu financiamento, ademais con respecto ós últimos anos aumentanse as cantidades da axuda e o límite de ingresos da unidade familiar para apoiar a un maior número de familias ribadavienses, trátase dun esforzo que consideramos máis necesario se cabe neste ano 2020 polas circunstancias socioeconómicas derivadas do Covid-19.
Os requisitos xerais de acceso a axuda son:
-Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.272€.
– Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.
– Aportar a factura de compra do material (en establecementos de Ribadavia).
– Que o límite de ingresos estea dentro da seguinte táboa:
INGRESOS | AXUDA | |
1º | Ingresos da unidade familiar de ata 2 do IPREM* (1.136€) | Ata 100€ |
2º | Ingresos da unidade familiar de ata 4 do IPREM* (2.272€) | Ata 75€ |
*Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, becas, subvencións, subsidio de desemprego entre outros.
O prazo de solicitude será do 14.09.19 ó 09.10.19, que se poderá realizar no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “Este ano, debido á situación derivada da pandemia, decidimos incrementar a contía das axudas e flexibilizar os criterios de reparto para intentar axudar a un maior número de familias de Ribadavia que poidan ter necesidades. Polo tanto, estamos a facer unha aposta clara polo incremento do gasto social, polo investimento nas persoas.”