Baltar en Boborás e Ribadavia: “as obras non son unha prioridades nestes momentos, o que hoxe importa son as persoas”

  • O benestar e a atención ás familias, autónomos e empresas deben ocupar agora toda a nosa atención, o que non quere dicir que se paralicen proxectos importantes  que xa están en marcha”, dixo o presidente provincial, citando como exemplos o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, o derrubo da vella estación de autobuses para construír unha residencia de maiores ou a estación intermodal da cidade.
  • José González, número tres da lista por Ourense e consellerio de Medio Rural, anunciou que o Goberno galego mobilizará 60 millóns de euros en préstamos para bodegas e viticultores, no marco dunha nova liña de financiamento dirixida aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola emerxencia sanitaria.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, afirmou hoxe que “as obras e o cemento non son prioridades nestes momentos para os ourensáns e todos os galegos, senón que o hoxe importa son as persoas”. Baltar, nos mítines celebrados esta tarde en Boborás e Ribadavia, subliñou que “o benestar e a atención ás familias, autónomos e empresas deben ocupar agora toda a nosa atención, o que non quere dicir que se paralicen proxectos importantes  que xa están en marcha”, citando como exemplos o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, o derrubo da vella estación de autobuses para construír unha residencia de maiores ou a estación intermodal da cidade.

Estes proxectos e un programa de goberno de Feijóo baseado na recuperación económica, nas familias e nunha Galicia innovadora e sustentable, terán a súa correspondente repercusión no resto da provincia, “porque Ourense forma parte dese gran concello que é Galicia e as propostas do Partido Popular para un novo goberno de Feijóo están deseñadas para o conxunto dos galegos e galegas”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste sentido, Manuel Baltar aproveitou a súa visita a Boborás e Ribadavia para concretar dous ámbitos recollidos no programa electoral e nos que Ourense ten as súas fortalezas. Así, referiuse a un modelo turístico propio baseado na calidade e na sustentabilidade, “do que Boborás e ás iniciativas das súa alcaldesa e antes concelleira de turismo –Patricia Torres- son un claro exemplo cun notable incremento de visitantes nos últimos anos para coñecer a súa riqueza natural, paisaxística e patrimonial”.

O segundo ámbito que citou o presidente provincial foi o vitivinícola, coa comarca do Ribeiro como exemplo das catro denominacións de orixe existentes na provincia. O programa dos populares para un novo goberno de Feijóo, sinalou, “inclúe un punto específico para este sector, cun plan estratéxico de dinamización que impulsará as novas plantacións de viñedo, continuando cos plans de internacionalización que precisan os nosos viños para que fóra das nossas fronteiras poda apreciarse a súa calidade”.

JOSÉ GONZÁLEZ: “UNHA NOVA LIÑA DE FINANCIAMENTO PERMITIRÁ AOS ADEGUEIROS MERCAR A UVA EN CONDICIÓNS NORMAIS DE MERCADO”

Nos mítines desta tarde en Boborás e Ribadavia tamén participou o número tres da candidatura por Ourense, José González, e consellerio de Medio Rural. Nunha

histórica comarca vitivinícola, anunciou que o Goberno galego mobilizará 60 millóns de euros en préstamos para bodegas e viticultores, no marco dunha nova liña de financiamento dirixida aos autónomos, microempresas e pemes máis afectados pola emerxencia sanitaria.

José González sinalou que estes empréstitos “perseguen que todas as adegas galegas poidan mercar a totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado”. Nesta liña, engadiu, “a iniciativa busca garantir o futuro do sector do viño da nosa comunidade, unha vez se constatou que apenas recibiu fondos das medidas extraordinarias habilitadas polo Goberno central”.

Na penúltima xornada de campaña pola provincia tamén participou Miguel Santalices, número dous da lista, que fixo unha nova chamada á participación o próximo domingo, destacando que a seguridade dos locais electorais está garantida polo labor desenvolvido en toda a provincia por máis de trinta profesionais nas últimas semanas, inspeccionando todos os centros de votación e asegurándose de que se cumpren todos os protocolos establecidos.