Ribeiro en Común : O PP de Ribadavia comete fraude electoral desde as institucións.

Ribeiro en Común presentará unha queixa na Xunta Electoral de Ribadavia denunciando a propaganda do PP con recursos públicos a través das institucións que xestionan.

Está sendo infame o comportamento en toda a campaña do PP de Ribadavia. Non só foron complices dos vetos e bloqueos de investimentos da Xunta en Ribadavia e no Ribeiro senón que por riba agora en campaña dedicanse a publicitar falsas inversións para ocultar a débeda historica que deixa o PP nestas lexislaturas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O actual Alcalde como cabeza visible do caciquismo baltarista en Ribadavia é o máximo responsable desta campaña de mentiras que sobardan a Lei electoral democrática.

O exemplo son numerosos, desde anuncios de auxdas aprobas fai meses pola oposición que venden como propias ata anuncios de convenios que non existen e que o noso grupo xa demostrou por via administrativa que non existen.

Sen embargo, no PP é máis importante o que calan, así a pesar desde estar pedida á alcaldía desde fai semanas unha xuntanza con pais e nais do Colexio da Alameda, o alcalde bloquea esta reunión para aplicar un peche do colexio por feitos consumados, desprezando a estes veciños nas súas reclamacións.

Fronte a estas formas nocivas de facer política, Ribeiro en Común ten a convicción de que un cambio de goberno municipal é a única solución para afastar  estas practicas do noso Concello, independentemente do que acontece nas eleccións do domingo.

Goberne quen goberne en San Caetano, Ribadavia merece algo mellor, non merece un goberno infame senón un verdadeiro goberno que traballe para o ben común e a mellora de Ribadavia, agardamos facelo posible.

Viva Ribadavia.


Comprometémonos a facer desde novos gobernos o que non fixo o PP en Ribadavia:

– Mellora do Centro de Saúde e reforzamento de todo o servizo sanitario, prohibir recortes como os que sufrimos en Pediatría, Xinecoloxía, matrona, enfermería, e psicoloxía.
– Creación dun Centro de Día en Ribadavia, o PP gastou 1 millón de euros públicos en Leiro para despois darlle a xestión a unha empresa privada.
– Colaboración no noso Asilo con recursos públicos Xunta de Galicia, que posibilite o reforzamento do noso Asilo.
– Realización da Fase 3 do Polígono industrial e asentamento de empresas.
– Mantemento do Colexio da Alameda e dos CRA Amencer como modelos educativos a potenciar, e que foron e son constantemente ameazados polo PP.