O Carballiño mantén a tendencia á baixa, con cinco casos menos ata os 328 contaxios activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 328 casos activos, 5 casos menos ca onte. Maside baixa seis casos ata os 40. Boborás baixa dous casos ata os 35. Punxín mantén 24 casos. San Cristovo de Cea baixa dous contaxios ata os 19. San Amaro baixa tres casos ata os 16 positivos. Piñor baixa dous casos ata os 10 contaxios. O Irixo baixa dous casos ata os 9 positivos e Beariz baixa un caso ata os 5 casos.

No Ribeiro, Ribadavia baixa 12 casos ata os 121 casos activos. Leiro sobe tres casos ata os 35 contaxios. Cortegada baixa oito casos ata os 30 positivos. Carballeda de Avia baixa un caso ata os 28. Arnoia e Avión contan con 24 casos cada un deles. Melón mantén 14 casos. Cenlle baixa ós 9 casos e Castrelo de Miño ós 8 casos. Beade mantén catro casos.  

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 4.844 contaxios. O número de casos activos volve a descender hoxe ata os 67.350. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 47 (+3) están en UCI e 582 (+6) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 560 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven baixar ata os 7.045 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 73 (-7) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=)  na UCI.