A Reportaxe: Sexto ano de tradición do Belén de gran tamaño de Maside

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O antigo colexio de Maside alberga por sexto ano consecutivo o seu xa tradicional belén xigante. E non é para menos, xa que a pesar de estar un pouco reducido a causa da situación sanitaria, para garantir as distancias, conta con 90 metros cadrados de creacións.

Como cada ano, María Jesús Nóvoa, a súa creadora, incorpora decoracións novas. Ademais, facendo un guiño ós diferentes oficios, pero tamén con recreacións de tendas tradicionais que coñecidas por todos tanto de Maside coma do Carballiño.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, levar a cabo esta impresionante creación non é traballo sinxelo. Dende que se pecha ó público o 6 de xaneiro, María Jesús recolle o belén, e 15 días máis tarde comeza a traballar xa no do próximo ano.

Recordamos que se pode visitar ata o próximo día 6 de xaneiro, en horario de tarde, das 16:00 horas ata as 19:00 horas. A súa creadora convida a todos a desfrutar del.

María Jesús Nóvoa, ademais de crear este increíble belén, tamén adica o seu tempo libre a facer maquetas, algunhas delas de edificios emblemáticos do concello, como xa lles ensinamos o pasado ano. Para este ano finalizou ca maqueta da Casa Cuartel de Maside, un edificio que xa non está en pé.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------