Ribeiro en Común pide a garantía de obra do campo do Xestal

O Pleno do Concello de Ribadavia aprobou unha Moción que obriga a Concello e Deputación a executar a garantía dunha obra defectuosa,  feito moi grave demostrado e que supón unha grave agravio para os intereses municipais, públicos e dos veciños. Unha obra co-financiada entre o noso Concello e a Deputación.

Ribeiro en Común reclama que a Moción e a gartantía se leve a cabo con celeridade para garantir unhas instalacións deportivas en boas condicións para o comezo da temporada no Xestal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nestes días está transcorrendo un campus de fútbol base segundo a formación, grazas ao mérito, valentía e bo facer do club organizador. O seu portavoz, Brais Fidalgo, recalca que é unha “pena que non poidan dispoñer dun terreo de xogo en boas condicións, un feito que non empañará este fantástico evento”.

Ribeiro en Común asegura que seguirá esixindo que se resolva esta situación para que o antes posible Ribadavia e o seu fútbol base poida ter un terreo de xogo nas condicións que os nosos nenos e nenas merecen.