Mercedes Amil Otero
Licenciada en Socioloxia. Estudios de Dereito
Artigo : “Impulso económico, social, cultural e deportivo de O Carballiño e comarca”
Neste momento pola crisis sanitaria COVID-19 que estamos a padecer a vez da sua repercusión na paralísis da actividade económica , sería interesante dispoñer de expertos xurídicos en materia de axudas comunitarias da Unión Europea, en relación ao aproveitamento e beneficio das suas solicitudes.

Na definición da salida da crisis resulta básico a cooperación e colaboración entre os diversos axentes implicados en función dos seos respectivos intereses e ámbito de actuación.
Establecense dos vectores a desenvolver:
1.- Vector primario dispor de novas INVERSIONS a fin de conseguir ampliar a capacidade de DINAMISMO EMPRESARIAL, englobando a explotación das diversas actividades económicas, orientadas a un plan de INDUSTRIALIZACION. Factor determinante para incrementar a productividade e creación de emprego, fonte de riqueza. De este modo aumentaría o nivel de renta dispoñible na población, restablecendo o seo medio de vida.
2.- Por outro lado, fomento de TURISMO co obxectivo de acadar a prosperidade económica da vila do Arenteiro; dando lugar a creación de unha Mesa de coordinación intersectorial. Co obxectivo de dar un impulso económico-socio-cultural-deportivo a zona, contando coa intervención de todos os axentes protagonistas e interventores da sua organización en materia política (goberno municipal, partidos políticos) i social (entes comerciais, representantes de actividades económicas, asociacións, etc).
A esta Mesa de coordinación se lle atribuyen funcións de seguimiento i evaluación de carácter permanente sobre a sua implementación.
Polo clima húmedo e frío na temporada de inverno, enténdese que os lugares de acollida, deberían ser confortables i estar ben climatizados, a efectos de favorecer o turismo. Enfoque permanente verán e inverno.
Neste sentido, establéncese as seguintes propostas, todas elas ubicadas en ruas céntricas:
- Salas reducidas para cine, teatro, concerto musical, exposicións artísticas
- Centro de actividades deportivas
Distribución de actividades artísticas e musicais nos diversos locais de restauración, cafeterías, xeneradoras de ambiente.
3. Abordar os casos de feísmo urbanístico, principalmente, o poboado dos xitanos situado na Fontela, actualmente en terreos municipais de Maside e con forte impacto no Carballiño. Conlevaría o proxecto para o realoxo das familias.
SIMBOLOS IDENTITARIOS DO CARBALLIÑO:
1.- Templo da Veracruz, visitas guiadas explicativas da sua creación, o seo fundador e o seo arquitecto.
2.- Balneario, estación termal, aproveitamento dos manantiales de augas mineromedicinais con fins terapéuticos e a sua vez con unha finalidade lúdica.
3.- Pulpo a feira como oferta gastronómica, instaurar un museo adicado a actividade económica e profesional das pulpeiras no barrio de Arcos.
Como temas complementarios:
- Parque Municipal, abordar o tratamento medioambiental das diversas especies arbóreas e flora, que o conforman.
- Rehabilitación do Barrio de Flores, como lugar de visita turística, conforme a orixen histórica da vila do Arenteiro.
- Praza de abastos, punto de itinerario turístico, o relato dos praceiros, explicativo da sua historia.
En resume, trataríase de integrar a actividade económica pulpeira coa residencial do parque. A orixe histórica do barrio de Flores coa estación termal do Balneario.
Todo elo requerirá dunha forte inversión pública.
O Carballiño, un destino no noso viaxe. Un lugar acolledor. Un lugar para descansar. Un lugar para comer e conversar.