Ribeiro en Común reclámalle ao Concello melloras para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

Presentamos unha Moción para que o Concello adopte melloras urxentes para as traballadoras do SAF, seguindo coas reclamacións realizadas polo noso grupo desde o mes de abril.

Pedimos sumar o noso servizo ás reivindicacións da Plataforma SAF Galiza e se comecen a aplicar no Concello de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O grupo de Ribeiro en Común reclamou na pasada crise do COVID19 un recoñecemento para as traballadoras do SAF, así como a mellora das condicións salariais e de traballo, e o cumprimento de todos os protocolos de seguridade e prevención diante do COVID19 con materiais e probas PCR.

Esta crise, aínda que con episodios de calma, por desgraza continúa con nós e non nos vai deixar relaxarnos. Por este motivo, Ribeiro en Común insistimos no reforzamento das condicións de traballo e salariais así como de prevención para todas as traballadoras de Axuda no Fogar.

Asi mesmo, Ribeiro en Común reclama que o Concello de Ribadavia asuma as peticións de mellora que a Plataforma SAF Galiza está a facer en todas as institucións do País en favor do Servizo de Axuda no Fogar e do benestar persoal, sanitario e social das persoas dependentes.


O Concello antes de nada debe dar exemplo en dereitos laborais e coidado das súas traballadoras. As boas palabras deben deixar paso aos feitos co respaldo real e tanxible a este Servizo esencial.

O SAF de Ribadavia fixo e segue facendo unha labor encomiable e con moita profesionalidade. Por iso o noso grupo considera que o Concello debe estar a altura das nosas traballadoras.

Por estes motivos propomos ao Pleno do Concello de Ribadavia a adopción do seguinte ACORDO:

  • Que o Concello de Ribadavia realice un recoñecemento profesional ao SAF e se plasme desde o Concello nunha mellora das condicións laborais das traballadoras, incluíndo tamén nesa mellora: mellora de dereitos laborais e de convenio,o reforzo dos protocolos e de material axeitado (EPI´s) para a nova realidade do COVID19, e unha subida salarial.
  • Que o Concello asuma e comece a aplicar no SAF de Ribadavia as principais reivindicacións da Plataforma SAF Galiza.
  • Que o Concello acometa a realización da proba-test as súas traballadoras cando estas así o reclamen para realizar e desenvolver o seu traballo con maior tranquilidade.