A Estación de Areeiro ocuparase das análises fitopatolóxicas dos ameneiros mostreados pola Confederación do Miño-Sil

A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, firmara o 22 de xullo de 2019 un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o estudo da mortalidade dos ameneiros nos ecosistemas fluviais das bacias do Miño-Sil e Limia, e para a proposta de medidas de xestión na conservación da biodiversidade intraespecifica e interespecifica. O Estudo da EFA No marco deste convenio está incluido un estudo que realizará a Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) a través do que realizará as analíticas das mostras de raíz, cortiza e solo de ameneiros para determinar a presenza do complexo Phytophthora alni (P.x alni, P. uniformis, P.x multifomis) nas diferentes zonas seleccionadas para a mostraxe. A EFA ten unha ampla experiencia na diagnose destes Oomicetos e realizou a primeira detección en España das tres especies deste importante complexo causante do decaimiento das alisedas,

A CHMS e a USC intercambiarán información durante o periodo de desenrolo das actividades obxeto do convenio e, unha vez finalizados os traballos, ambas partes elaborará un informe final conxunto que conteña todolos informes realizados, as conclusións aos mesmos e as recomendacións de actuación. Este convenio estará vixente ata decembro do ano 2021 e o importe do mesmo é de 125.654 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES