Hai que aprender a convivir co coronavirus, consello do epidemiólogo carballiñés Pachi Vázquez

Hai que aprender a convivir co coronavirus e coñecer as actividades ou lugares onde hai mais risco de contaxio, é o consello do epidemiólogo carballiñés Pachi Vázquez

En España hay actualmente preto de 160 brotes que afectan a preto de 2000 persoas. Segundo Pachi Vázquez, a pesar de ser un número alto é o agardado xa que ao haber mais contactos despois do confinamente producense mais contaxios. Polo tanto, debemos aprender a convivir co coronavirus e seguir rigorosamente as medidas de autoprotección para evitar, na medida do posible, contaxiarnos.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

É importante saber que ao redor do 50% das persoas infectadas son asintomáticas polo que non hai que confiarse pola falta de síntomas. Tamén, engadiu Pachi Vázquez, hai que ter en conta cales son as situacións que aumentan o risco de contaxio, as reunións familiares e os lugares pechados. Nesta última situación, estudos recentes acreditan que a probabilidade de contaxio multiplicase por 18 nun sitio pechado fronte a posibilidade de contaxio nun lugar ao aire libre.