A Policía Local do Carballiño sancionou e interveu en varios locais nocturnos esta fin de semana

IES CHAMOSO LAMAS

A Policía Local do Carballiño sancionou e interveu en varios locais nocturnos esta fin de semana ao incumprir varias ordenanzas e medidas de seguridade sanitaria

VIDEO

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

A pasada semana tivo lugar no salón de plenos do concello do Carballiño a Xunta de Seguridade presidida polo subdelegado do goberno en Ourense, Emilio González, e á que asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Seguridade, Manuel Sotelo, así como os responsables da Garda Civil, Policía Local e da Unidade contra a Violencia de Xénero.

Na reunión analizouse a situación do Carballiño en materia de seguridade, así como a relativa á violencia de xénero, neste período de nova normalidade pola pandemia do covid 19, e de cara ao resto do verán.

Con respecto á seguridade durante o verán incidiuse na necesidade de exercer un maior control e vixilancia para evitar concentracións que poidan supoñer o incumprimento da normativa de seguridade e prevención con respecto ao COVID-19. Así o adiantou tamén xa a pasada semana o Xefe da Policía Local, Francisco Valeiras que afirmou claramente que se non se cumplían as normas, se comezaría a sancionar xa.

Esta mesma fin de semana tívose que intervir en treis locais ubicados nas rúas Martínez Avellanosa, Aldara e Chamoso Lamas por distintos incumprimentos como pasar amplamente a hora de peche, provocar ruidos, sobrepasar o aforo ou non levar mascarilla, motivo pola cal foron tamén multados algúns clientes. O concelleiro de Seguridade, Manuel Sotelo, dixo que se viron obrigados a tomar medidas dados os reiterados comportamentos que poñían en risco a seguridade da veciñanza.