A área de Medio Ambiente modifica o horario de recollida do lixo para fin de ano

Dende a área de Medio Ambiente do Concello do Carballiño anuncian que se modificarán os horarios do servizo de recollida de lixo. Débese evitar tirar lixo dende as 13:00 horas do día 31 de decembro (domingo) ata as 20:00 horas do día 1 de xaneiro (luns).

Recordamos tamén que a recollida de voluminosos e enseres farase nas mesmas condicións que ata agora. É moi importante avisar antes de poñer calquera residuo voluminoso na rúa, xa que así se permite que os servizos de recollida se organicen de forma eficiente e se evita a acumulación nas rúas.

AVANTAR ACTIVIDADES