O Concello sancionará ós donos das parcelas sen desbrozar unha vez finalizado o prazo

O 16 de xullo rematou o prazo para que os propietarios de parcelas procedesen á limpeza das mesmas en virtude da aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.

Se ben o prazo remataba o 31 de maio, como cada ano, debido ao Estado de Emerxencia pola situación da pandemia do Covid-19, este prazo prolongouse ata o 16 de xullo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello publicou un bando o 25 de maio comunicando a prórroga deste prazo e díuselle difusión a través dos medios de comunicación así como por carta e a través do teléfono, e incluso personalmente, aos propietarios das parcelas sobre a obriga de levar a cabo esta limpeza.

Pese a que a gran maioria dos propietarios cumpriron con esta obriga, hai algúns que non o fixeron e, polo tanto, inciarase o procedento de notificación e de sanción, se é o caso, a todos os propietarios que non teñan realizado o seu traballo correspondente.

O procedemento é o seguinte: O concello envía a cada propietario dúas notificacións concedendo en cada unha delas un prazo de 15 días para efectuar os traballos que, se non se levan a cabo, dará pé a un expediente sancionador, con multas que oscilan entre os 100 e os 1.000 euros en infraccións leves, e de 1.001 a 100.000 euros nas graves.

Estas notificacións comezarán a enviarse nestes próximos días.