O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese cos alcaldes de Vilardevós e Verín

O delegado territorial da Xunta manifestoulle ao alcalde de Verín o seu rexeitamento pola decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal na antiga Praza de Abastos

Gabriel Alén reiteroulle a oferta de diálogo para buscar unha solución consensuada que non afecte ás prestacións que proporciona ao sector agrícola e gandeiro da comarca

AVANTAR ACTIVIDADES


O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Vilardevós para reunirse co seu alcalde, Manual Cardoso, e ao concello de Verín para manter un encontro co seu rexedor, Gerardo Seoane. En ámbolos dous encontros analizou cos primeiros edís as principais demandas destes municipios en relación á Administración autonómica.

No caso do municipio de Vilardevós, os principais asuntos que repasaron foron en materia de augas e saneamento.

En canto ao concello de Verín, trataron asuntos en materia de infraestruturas viarias, saneamento e polígonos industriais.

Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar co alcalde a decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal na antiga Praza de Abastos. O delegado amosoulle o seu rexeitamento a esta medida, adoptada sen comunicación á Xunta, subliñando que “esta oficina é moi importante para o servizo dos agricultores, gandeiros e silvicultores da bisbarra, e reiteroulle a oferta de diálogo, como xa fixera o conselleiro do Medio Rural, José González, “para buscar unha solución consensuada e que non afecte ás prestacións que proporciona ao sector agrícola e gandeiro da comarca”.

PUBLICIDADE