Espazo Común: “Unha vez máis o alcalde Fumega engana aos cidadáns”

Unha vez máis o alcalde Fumega engana aos cidadáns e incumpre o compromiso de non cobrar recargos nos impostos municipais aprazados polo confinamento

Xa son moitos os veciños que denuncian que na Oficina de Recadación fan caso omiso do anuncio feito de respectar as contías dos recibos sen sobrecustos ata o 31 de decembro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Un novo capítulo no que a palabra do alcalde Fumega non serve para nada ven a sumarse á interminable xeira de mentiras e manipulacións aos cidadáns aos que, desgraciadamente, xa nos ten acostumados.

Nestes días, recibimos numerosas queixas de veciños que fixeron caso do compromiso adquirido polo rexedor de non cobrar recargos nos impostos municipais ata o 31 de decembro e atopanse agora con que se lle están a aplicar sobrecustos sen miramento algún.

Foi a proposta do voceiro de Espazo Común no Concello, Adolfo Nogueira, na primeira reunión de grupos municipais durante o confinamento, na que se chegou a este acordo de respectar os importes das taxas e impostos dadas as dificultades de desprazamento e económicas que padeceu e padece gran parte da cidadanía por mor do COVID-19.

O propio Fumega anunciou en medios de comunicación esta medida á que se acolleron moitos veciños, coa tranquilidade de que, de xeito tácito, esto suporía unha prórroga para o pagamento dos recibos ata final de ano.

Para variar, o alcalde mentía. Como fixo aos veciños de Arcos, como fixo co acordo con Maside para a ampliación do chan industrial, como cos impostos perdoados a uns poucos, coma coa perda da subvención do obradoiro de emprego, etc..

Dende Espazo Común esiximos ao goberno municipal que se cumpra o prometido e que se devolva o xa cobrado ata o de agora en concepto de recargos ou, do contrario, levaremos esta cuestión a pleno para demandar explicacións.