O Covid-19 na comarca. Casos novos: un en Carballiño, tres en Avión e dous en San Amaro

No brote de Avión son xa sete as persoas infrectadas, tras aparecer tres positivos nas últimas horas, unha muller de 82 anos, un home de 80 anos e  un menor.

No do Carballiño o brote afecta xa a oito persoas, tras confirmarse un novo caso este sábado, un home de 68 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

En San Amaro o concello emite esta nota informativa:

Lamentamos comunicar dous casos confirmados de Coronavirus no Concello de San Amaro.

Trátase de duas persoas  identificadas e controladas, que se atopan  cumprindo o protocolo baixo  illamento domiciliario. Pregamos  responsabilidade  e   cumprimento das medidas establecidas:

  • USAR SEMPRE  MASCARILLA.
  • MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
  • LAVAR AS MANS CON FRECUENCIA.
  • PROCURAR  EVITAR SITIOS CONCURRIDOS.

Dende  o Concello  estase  actuando  según  o protocolo establecido e fan  un novo chamamento  a todos os veciños e veciñas ,  solicitando a máxima responsabilidade para  que extremen  as  precaucións.

É necesario ser cautos e recordar a importancia de seguir as recomendacións das Autoridades Sanitarias e as medidas de prevención ditadas, que recomendan non relaxarse. Este é un problema que nos afecta a todos  e  todos debemos aportar  os nosos  esforzos  para que esta  situación sexa  controlada  canto antes.

OURENSE

Na Area Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hai na xornada de hoxe 324 casos activos (23 máis ca na xornada de onte), 18 ingresados en planta e 4 pacientes en UCI e 306 a seguemento a domicilio.

O total de casos rexistrados na provincia ascenden a 2.429 con 1.970 curados e 135 falecementos.

Pacientes ingresados:
HUO: 21 (17 planta 4 UCI)
HP Verín. 1
HP Valdeorras. 0