A Deputación colaborará co Concello do Carballiño na mellora das infraestruturas públicas

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega

O goberno provincial tamén participa na publicación dun libro que está preparando o Concello do Carballiño sobre a figura do doutor Luis Rodríguez Míguez

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 22 de novembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, no que se analizaron novas propostas de cooperación entre ambas administracións. 

O presidente do goberno provincial definiu como “un novo exemplo de modélica cooperación” unha reunión na que se pecharon novos acordos para seguir reforzando a colaboración entre a Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño. En concreto, Manuel Baltar avanzou o compromiso do goberno provincial a un futuro proxecto proposto polo rexedor para mellorar as infraestruturas públicas no centro da vila. 

Ademais, Francisco Fumega prantexou a Manuel Baltar que prologue un libro que está a preparar o Concello do Carballiño co apoio da Deputación de Ourense sobre a figura do doutor Luis Rodríguez Míguez, un volume que recolle artigos de numerosos investigadores vencellados ao termalismo.