Espazo Común organizará unha charla informativa aberta ao público sobre a situación do Asilo do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Ante o escurantismo amosado polo alcalde e a nula defensa dos intereses dos veciños na súa condición de dirixente da Fundación, faise necesario exixir que se amosen os datos demandados.
Será o xoves 17 de marzo ás 20:00 na Casa da Cultura.

A preocupación cidadá no noso pobo pola situación do Asilo e de todo patrimonio legado polos Irmáns Prieto hai máis de 100 anos para garantir o seu funcionamente, lonxe de diminuir, aumenta cada día.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

A falla de transparencia por parte do Padroado que dirixe a Fundación Irmáns Prieto e, nomeadamente, do alcalde do Carballiño, quen, en teoría, está no mesmo para defender os intereses da veciñanza no mesmo, levanos a todos á maior das desconfianzas.

Dende Espazo Común, vai camiño dos dous anos que estamos pedindo información, por escrito e nos plenos. Ata o de agora, sempre obtivemos a calada por resposta e só ante a presión social e ao atoparse no pleno con mocións de toda a oposición relacionadas coa cuestión, o alcalde Fumega foi quen de facer algunha declaración ao respecto. Por suposto, máis mentiras e medias verdades ca outra cousa.

Despois da sesión plenaria agardamos pacientemente polos documentos solicitados e prometidos publicamente polo rexedor. A día de hoxe só recibimos un documento do Rexistro da Propiedade con tres inmobles de data de xullo de 2018. Outra tomadura de pelo, pois esas propiedades puideron mudar de titular dez veces dende esa data.

Nin unha soa conta, nin unha soa acta dende que Fumega forma parte do Padroado, nin unha soa verdade que xustifique o que está a pasar e que sirva para calmar aos veciños preocupados polos acontecementos: marcha de dúas congregacións de monxas, externalización de servizos, suba de prezos para os usuarios…

Ante esta situación, dende Espazo Común do Carballiño imos levar a termo un acto informativo aberto a toda a cidadanía para dar conta da información da que dispomos e que fomos obtendo por outros cauces. O acto será o vindeiro xoves 17 de marzo na Casa da Cultura ás 20:00.

O obxectivo é facer unha posta en común dos datos coñecidos e escoitar a todos aqueles que queiran ou poidan aportar algo e, entre todos, acordar os pasos a dar para garantir a continuidade dun dos maiores símbolos do noso pobo e o respecto pola vontade que deixaron escrita os seus fundadores: o coidado dos ancións desamparados. Isto é todo o contrario de convertelo nun negocio.

.