A CIG apoia unha concentración en Ribadavia polo despido de dous traballadores

A CIG convocou onte unha concentración ó mediodía diante das instalacións da empresa Rubí S.A.U., ubicada no parque empresarial de San Cristovo, en Ribadavia, como acto de protesta contra o despido de dous traballadores.

As motivacións desta protesta radican en que os empregados que foron despedidos consideran que que foi un acto improcedente. Aseguran que a empresa fixo isto porque se negaron a facer horas extras en días festivos e fins de semana. Afirman tamén que no convenio do metal non se inclúen estas horas extras como deberes do traballador e recalcan que se negaron tamén porque os avisaban sen antelación. Os traballadores despedidos aseguran que o seu contrato é fixo con antigüidade.

AVANTAR ACTIVIDADES