Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:
O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)
Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”


Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos.

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:
https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.
A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.
A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.
BADAL NOVAS
Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.
COMERCIOS, EDIFICACIÓNS, PROFESIONAIS…
Por proposta cidadá e sendo aínda alcalde José María Beltrán Carbajal, a estrada de Irixo adxudicouse nos anos vinte a este político rioxano pola súa contribución ao progreso de Carballiño.
.png)




BANCO ESPAÑOL DE CRÉDITO
O Banco Español de Crédito “BANESTO” ocupou este baixo desde os anos 40, cando a entidade adquiriu o banco creado por Marcelino Enríquez.


En 1961, Banesto trasladou as súas oficinas ao 27 da rúa José Antonio (Rosalía de Castro), cando o Hotel Cabanelas desaloxou devandito edificio.

GALERÍAS EL CRUCE
Tempo despois de mudarse Banesto e quedar baleiro o baixo, propiedade de Josefa Enríquez Parrondo, instáronse neste local as “Galerías EL CRUCE”, rexentadas por JOAQUÍN GONZÁLEZ BLANCO, da familia coñecida no pobo como “Os Espadelas”, emparentada cos Cerviño. Joaquín estaba casado con Inés Pinal, irmá de “ Trintamilpesos”.




SINDICAL, EXTENSIÓN AGRARIA, DISPENSARIO
En agosto de 1948, o Concello cede os terreos para construír este edificio, no que se atopaba a Delegación Nacional de Sindicatos, o Servizo de Extensión Agraria e a Policínica de coidados médicos. Ese mesmo ano cédense os terreos para a construción de cincuenta vivendas sociais na Uceira.



TEJIDOS ANTA
O propietario deste comercio de tecidos era MANUEL ANTA CUDEIRO, casado con Ramonita Rodríguez Portugal.
O matrimonio tivo cinco fillos: Manolo (empregado de Banesto), Luís (Aparellador municipal), Pancho (construtor), Rosario
.png)




ULTRAMARINOS FONTAÍÑAS
O propietario do ultramarinos era VICENTE FONTAÍÑAS ARANCEY, casado con ROSA RÚA HERMIDA.
O matrimonio tivo tres fillos: Eduardo, Faustino “Tino Pachó” e María Elena..




BAR PENEDO
O propietario do establecemento era MANUEL ULLOA ÁLVAREZ.




GARAJE CARBALLEDA
Os propietarios do edificio eran GONZALO CARBALLEDA MEIJE e a súa esposa MARÍA PINAL VÁZQUEZ. O matrimonio tivo tres fillos. Emilio, Alfonso e Gonzalo.



Gestionaba el taller GONZALO CARBALLEDA.







PELUQUERÍA “SELECTA”
La titular de esta peluquería se llamaba MARILUZ GONZÁLEZ ÁLVAREZ.

TRASPORTES MONTAÑESA

Esta empresa familiar de transportes foi fundada en 1927 por RAMÓN CARBALLEDA VÁZQUEZ. Ramón casou con LUCINDA PÉREZ.


Dos seus fillos, foron os dous homes, Ramón e José, os que se incorporaron á compañía e ampliárona posteriormente.


FERRETERÍA TERCEIRO

El propietario de la ferretería era MANUEL TERCEIRO RODRÍGUEZ.





Fue PEPE el que secundó a su padre y prosiguió con el negocio.



AUTO INDUSTRIAL
Participou na creación desta sociedade CESÁREO SOBRINO.

Razón pola que o despacho da empresa atopábase no baixo do edificio de propiedade familiar sito no número 4 da Praza da Alameda (entón Pablo Iglesias).

A empresa tiña en exclusiva liñas regulares a Ourense, Pontevedra e Vigo.



A finais da década dos cincuenta, a empresa traslada a administración a Martínez Avellanosa, onde tiña as cocheiras e o taller.





CAFÉ CORES

O café-bar figuraba a nome de LINO CORES FERNÁNDEZ.



Pero era a súa esposa, LYDIA BERMEJO, a que se ocupaba do negocio. O matrimonio tivo catro fillos: María Luisa, Manolo, Concha e Milagros.

CONSTRUCCIONES CORES
El titular de la empresa era LINO CORES FERNÁNDEZ



HOSPEDAJE-BAR “O GASÓGENO”
RICARDO FERNÁNDEZ, familiarmente coñecido por “O Gasógeno”, sogro de Perea, alcalde de O Carbaliño, tivo aquí a taberna e a fonda ata que o trasladou ao 32.

VILLA MARÍA
Os creadores deste hospedaxe eran da familia dos “Espíritu Santo”.

Posteriormente, traspasárono aos Rodríguez .

O máis coñecido da familia era Francisco Rodríguez Vázquez, por todos coñecido como “ FRANS”.
ULTRAMARINOS GALLARDO
O establecemento figuraba a nome de MANUEL GALLARDO LÓPEZ.





CHOCOLATES”LA CARBALLINESA”

O industrial, ANTONIO CORRAL PAJARIÑO, casado con BASILISA GONZÁLEZ BERNÁRDEZ, tivo o domicilio familiar e a empresa neste número ata que se trasladou en 1963 a un local propio na Rúa do Baño (hoxe, rúa Uruguai).


O tostadero de café atopábase no semisótano e a fábrica de chocolate na planta baixa.
SATRERÍA PÁJARO
Ao quedar libre o local, JOSÉ PAJARO RODRÍGUEZ instala a súa sastrería.
TALLER BELTRÁN
O profesional do ramo era MANUEL BELTRÁN CIBEIRA.

HOSPEDAJE “O GASÓGENO”
RICARDO FERNÁNDEZ, familiarmente coñecido por “O Gasógeno”, sogro de Perea, trasladou a este número as instalacións que tiña no 17.
HOTEL “CASA AZUL”
En 1961, o café-hotel Cabanelas abandona as súas dependencias no 27 da rúa José Antonio e LISARDO RASCADO PRIETO constrúe o edificio para albergar o novo café-bar-hotel que levará por nome de “Casa Azul”.
GRANJA AVÍCOLA “ESPÍRITU SANTO”
O propietario desta granxa era EVARISTO CARBALLO NOVOA, coñecido familiarmente cono “O Espírito Santo”.
As súas instalacións situabanse ao final da marxe esquerda da rúa Martínez Avellanosa, esquina Avenida do Balneario.


Evaristo era pai de Juan Carballo, propietario do estanco da Praza maior.
AGRADECEMENTOS
En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.



BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:
Miguel Anxo Pichi Diz Potiños
Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.
Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel
Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com
Manuel Amil Otero. maio de 2023