A Cruz Vermella do Carballiño prepara un mercadillo solidario nas galerias da alameda co fin de entregar xoguetes educativos a familias en situacion de vulnerabilidade.

A cruz vermella do carballiño prepara un mercadillo solidario nos soportais da alameda, en horario de 10 a 13 horas,  para recadar fondos para o proxecto “O Xoguete Educativo”, a través do cal se entregan  xoguetes novos, cooperativos, non bélicos e non sexistas a familias en situación de vulnerabilidade.

Tratase dun proxecto que se realiza durante todo o ano, polos aniversarios ou outras festividades, aínda que a maior parte das doazóns e tamén das entregas realízanse no mes de decembro

AVANTAR ACTIVIDADES

Todo iso co obxectivo de promover o uso de xogos e xoguetes como ferramenta educativa e de trasmisión de valores no contexto escolar e familiar.

A crise derivada da situación sanitaria pola COVID-19 empeorou a situación de moitas familias atendidas por Cruz Vermella, e xa que logo, esta campaña cobra aínda máis importancia neste contexto no que se busca garantir que estes nenos, nenas e mozas non teñan dificultades para o acceso ao xogo.