Ás 11.30 horas: Presentación do 53º Rallye de Ourense.- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación da 53ª edición do Rallye de Ourense - Ourense termal, coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Escudaría Ourense, Julio Bouzo, e un representante do Concello de Ourense. Enlace para seguir a retransmisión por Internet : http://depourense.seneca.tv/live

A presentación do histórico evento do mundo do motor tivo lugar hoxe, coa participación do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar, e o presidente de Escudaría Ourense, Julio Bouzo.

A proba, que se disputa esta fin de semana, contará con 90 participantes, 33 dos cales son pilotos da provincia de Ourense. Organizouse ó completo nun mes facendo un traballo de todo un ano.  Terá o seu centro operativo no Xardín do Posío, “e homenaxea este ano a toda unha lenda do Rallye de Ourense, José Ramón González”, lembrou Rosendo Fernández, quen pediu a participantes e público que teña lugar un evento dende a máxima responsabilidade.  

Julio Bouzo agradeceu ás forzas e corpos de seguridade, aos voluntarios e a todas as persoas implicadas na organización do rallye, “o labor que realizan”, así como o apoio á Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Ourense, e aos municipios de Barbadás, Toén, Amoeiro, Boborás, Castrelo de Miño, O Irixo, Maside e A Peroxa, pola súa cooperación, xunto a todos os patrocinadores.

A proba será puntuable para os campionatos e copas establecidos no Regulamento Deportivo do CERA 2020 e para a Copa Suzuki Swift 2020. Terá un percorrido de 425 quilómetros, con 8 tramos cronometrados (123 quilómetros). A entrega de premios celebrarase no Xardín do Posío.