“Diario de Pepe”, relatos do confinamento dun carballiñés de dous anos

“Diario de Pepe. Diario de un confinamiento” é o primeiro libro de Rosa Cerdeira. Esta obra conta unha historia real relatando as vivencias do día a día dun neno de dous anos, Pepe Castro, o seu fillo, en primeira persoa. Trátase dun diario divertido e emocionante que naceu coma publicacións diarias nas redes sociais durante o confinamento vivido entre marzo e maio deste ano pola emerxencia do Covid-19. Co apoio da xente que seguía estas vivencias, moitos deles recurrindo a elas como axuda para pasar mellor os días pechados na casa, Rosa Cerdeira animouse a publicalo con forma de libro.

Este diario conta o día a día de Pepe, dos seus pais, dos veciños, as emocionantes saídas diarias ó balcón ás oito da tarde para aplaudir. Conta as inquedanzas vividas cas que moitos se sentirán identificados e trátase dunha historia real con nomes e apelidos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A súa autora asegura que “hará sonreir, reir a carcajadas, pero también emocionarnos y, lo que es seguro, es que ¡nos enamoraremos inmensamente de Pepe aunque no lo conozcáis!”.

O libro editouse no Carballiño e contouse ca colaboración do novo debuxante de 11 anos Sergio Iglesias Méndez. Pódese adquirir na librería Escolma e na tenda de moda Lamargha Hombre Mujer de Carballiño. A empresa editora e a súa autora avisan ós interesados de que será unha edición limitada.