Nesta presentación interviñeron Chelo Pampillón, presidenta da FEGATEA; Teatro do Vilar de Ribadavia; César Fernández Gil, alcalde de Ribadavia, e Roberto Pascual, Director da MIT.

Dende o día de hoxe están á venda as entradas de 10:00-14:00 e de 18:00-20:30h na oficina da MIT, na Praza Maior de Ribadavia.

Prezo: 5€

Mañá será a apertura no auditorio do Castelo e comezarase ca actuación do grupo de Teatro Vilar “Squash”; o venres será o turno de Tiruleque, ca obra “A farsa de Maitre Pathelin”, e o sábado, de Petanaporta Teatro, con “O pequeño poni”. Todas elas no auditorio do Castelo ás 23:00 horas. Ademáis haberá coloquios e charlas, acción de teatro na rúa, obradoiros e contacontos musicais.

A continuación deixamos o cartel ca programación.