Os monicreques do Kukas traen este domingo, 2 de agosto, ao anfiteatro da Veracruz o espectáculo o Encoro Enmeigado (nas Fragas do Eume)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dentro do programa cultural do Verán Cultural 2020, e co patrocinio da Rede Galega de Teatros e Auditorios, chega esta domingo ao anfiteatro da Veracruz Os monicreques do Kukas coa obra O encoro enmeigado (nas fragas do Eume)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ou encoro enmeigado (nas fragas do Eume) é un espectáculo de monicreques a cargo da compañía Os monicreques de Kukas: Marcelino de Santiago, Miguel Cabaleiro e Isabel Rey.

O espectáculo O encoro enmeigado (nas fragas do Eume) ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da natureza e o compromiso co coidado da nosa contorna e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E ao mesmo tempo recuperar e poñer en valor aos personaxes míticos da nosa cultura popular que van servirnos a nivel narrativo de ligazón entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.