O Camiño Miñoto Ribeiro reúnese ca Cámara de Monçao

Hoxe celebrouse no concello de Cortegada unha reunión de traballo da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro á que acudiron representantes da Cámara Municipal de Monçao. A reunión estivo presidida polo alcalde de Arnoia e secretario desta asociación. Pola parte da institución portuguesa contouse ca presenza do tenete de alcalde de Monáo e da súa técnica municipal.

Durante esta cita presentouse o traballo histórico do Camiño Miñoto Ribeiro, cuxa presentación correu a cargo do historiador Castor Pérez.

AVANTAR ACTIVIDADES

A esta asociación pertencen 17 concellos polos que pasa o trazado, 12 deles da provincia de Ourense. O seu traballo está centrado en conseguir que a Xunta recoñeza o Camiño como vía cultural, o paso previo para a declaración de ruta xacobea. O Camiño Miñoto Ribeiro estrenou no mes de xuño unha web completa ca historia do camiño, o seu trazado, unha guía gratuita e todos os detalles desta vía alternativa a Santiago.