O BNG de Ribadavia pide que o concello se faga cargo da xestión do parking

IES CHAMOSO LAMAS

O Bloque Nacionalista Galego de Ribadavia fixo fincapé no pleno da semana pasada na situación actual do parking do municipio. Segundo afirma a formación, o contrato de explotación está vencido e piden ó goberno local información sobre a súa renovación. Neste momento ningunha empresa se interesou pola súa explotación. Segundo o BNG, o concello debería considerar facerse cargo da súa xestión. E tamén vinculado ós aparcamentos, o bloque  demanda que se habiliten prazas para as motocicletas, asegurando que teñen comprobado que a demanda é alta. A formación considera que é importante dar unha solución a estos aspectos dado o problema co tráfico da vila e, sobre todo, para mellorar o acceso ó centro e ó casco histórico.