A Xunta inclúe a Madrid e quita á Rioxa e Portugal da lista de rexistro de viaxeiros

fotos recurso aeropuertos aeroporto santiago de compostela turismo

A Consellería de Sanidade acaba de actualizar o listado de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que cheegan a Galicia e que se publicará esta tarde no Diario Oficial de Galicia. Esta actualización ven xustificada pola evolución da situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas coma noutros países.

Entre as principais novidades a nivel nacional que recolle esta lista actualizada, destaca a inclusión de Madrid, mentres que polo contrario xa non será obrigatorio rexistrarse para os viaxeiros procedentes de A Rioxa. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco. En canto ós cambios internacionais, fai falla sinalar a exclusión de Portugal, polo que as personas procedentes do país veciño xa non estarán obrigados a proporcionar os seus datos de contacto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Galicia é a terceira comunidad autónoma con menor incidencia acumulada no últimos 14 días, de acordo cos datos que reflexa o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade.

Fai falla recordar que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores a súa chegada en territorios que posean una incidencia epidemiolóxica 4 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independientemente de que sexan residentes na nosa comunidad ou non. De este xeito, Sanidade procura conseguir un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

As personas que visiten Galicia, terán un espazo de tempo de 24 horas, dende a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros.