O Carballiño mantén oito contaxios. O Irixo e Cea baixan a un caso cada un esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 12 contaxios. O Concello do Carballiño subiu esta fin de semana dos 6 casos rexistrados o venres ós 8 casos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Irixo baixou esta fin de semana dos 3 casos a un so contaxio. San Cristovo de Cea tamén baixou dous contaxios esta fin de semana, para contar tamén cun caso activo. Beariz mantén hoxe dous contaxios.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense estable. Hoxe é Cenlle o que mais casos rexistra da comarca, mantendo tres contaxios rexistrados a pasada semana. Ribadavia mantén 2 contaxiados. Ségueo Cortegada, con dous casos activos. Arnoia mantén un contaxio, igual ca Ribadavia, que descendeu os casos esta din de semana para ter un so contaxio.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, salvo Cenlle, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.