Teatro para nenos de dinamización lingüística, en Ribadavia

A Casa da Cultura de Ribadavia acolle mañá, venres día 7 de agosto, unha actividade de dinamización lingüística para os máis pequenos chamada “Voa, voa, Xoaniña voa, que che hei dar pan con cebola”. Será ás 20:00 horas para nenos a partir dos 4 anos. A actividade será gratuita e ata completar o aforo. Os máis pequenos deberán portar mascarilla de forma obrigatoria.

Publicidade