Juan Manuel Casares foi investido como Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago

José Manuel Casares Gándara, Director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), foi investido Cabaleiro o sábado 18 de xullo, durante a celebración do 24 Capítulo Xeneral da Orde do Camiño de Santiago. Esta Orde reliosa-militar fundouse en 1170 no Reino de León ca finalidade de formar como militares para protexer a súa provincia ós cidadáns que se arrepentían de levar unha vida licenciosa.

O acto comezou no Patio San Juan do Hostal dos Reis Católicos co nomeamento das 17 novas damas e cabaleiros e 4 novicios e coa asistencia de 34 países que ensalzaron a internacionalidade do Camiño. Entre os novos membros atópase Juan Manuel Casares Gándara, o presidente do Consello Regulador da DO Ribeiro e Román Rodríguez, o conselleiro de Cultura e Turismo. Pola mañá realizouse un acto litúrxico en Melide e no Bosque dos Peregrinos, onde os membros da orde prantaron a súa árbore no Camiño Francés.  

AVANTAR ACTIVIDADES

Casares compartía o sentimento vivido durante este acto de celebración falando de cómo sentía “ilusión dun eterno camiñante polos vieiros de Galicia e compromiso con valores morais tristemente esquecidos”.

Casares Gándara é licenciado en Veterinaria e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. É o Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro e da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro. Entre as súas publicacións destacan o libro “Pensamiento político de Florentino Cuevillas” e colaboracións de opinión en prensa escrita.