Os concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña mantiveron unha xuntanza co fin de debater e acordar as bases e a organización do Obradoiro de Emprego para o período 2026/2027.
Este obradoiro conxunto, denominado Portas de Galicia V, dará comezo o vindeiro 1 de xuño de 2026 e impartirase de maneira dual nas especialidades de Albanelería e Forestal.
A iniciativa permitirá que 20 veciñas e veciños dos tres concellos (Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña) adquiran coñecementos que faciliten a súa inserción laboral. Durante 9 meses, as persoas participantes percibirán un salario que contribuirá a mellorar a súa calidade de vida.
Con este proxecto, os tres concellos reafirman o seu compromiso coa formación e o emprego local, promovendo a colaboración intermunicipal como ferramenta para o desenvolvemento socioeconómico da comarca.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















