Xornadas de cachibol en Cenlle

Maiores desfrutando de xornadas de Risaplus, no 2019
IES CHAMOSO LAMAS

A área termal de Barbantes acollerá esta iniciativa para persoas maiores. Celebrarase os venres 7, 14 e 21 de agosto, cun aforo limitado a 15 persoas. Para poder participar será necesario inscripción previa no concello a través do teléfono 988 400 603.

Levaranse a cabo estrictos protocolos a seguir en relación ca crise sanitaria da Covid-19, coma o uso obrigatorio de mascarilla, a distancia de seguridade, o uso de xel hidroalcohólico e todo o necesario para que trascorra ca maior normalidade posible.

OZOCOgz Deseño Galego