O PP reclama un acto de despedida para as Hemanitas dos Anciáns Desamparados do Asilo

O grupo popular do concello insta ao grupo de goberno a que organice un gran acto de recoñecemento e despedida a congregación das “Hermanitas de los Ancianos Desamparados” polo labor feito no Carballiño durante 120 anos ininterrompidos

O pasado mes de xuño a orde relixiosa das Hermanitas dos anciáns desamparados, que leva mais de 120 anos coidando dos anciáns no Asilo do Carballiño anunciaba que deixaba esta institución xeriátrica por motivos de organización da congregación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Asilo é rexido por un Patronato que preside o obispo e no que participan o alcalde do Carballiño e o arcipreste. Na actualidade as Relixiosas Siervas de Jesús están presentes en 18 nacións de catro continentes.

Dende a formación dos populares recordan que miles de persoas do Carballiño pasaron pola Residencia “Hermanos Prieto”, coñecida como o Asilo do Carballiño, e o fixeron dende fai 120 anos nos que as Hermanitas dos Anciáns Desamparados estiveron ao fronte desta Residencia ininterrompidamente.

O PP recalca que durante os derradeiros 3 meses, se viviu algún momento de incertidume sobre o futuro da Residencia de Hermanos Prietos, xerándose dúbidas incluso sobre o posible abandono da actividade.

O seu portavoz, Ricardo Perea, asegura que toda a veciñanza do Carballiño, ten unha débeda con esta Congregación e recalcan que agora son tempos tristes para as Monxas que o conforman por ter que abandonar o servicio que levan facendo dende fai 120 anos. Por este motivo, invitan ó concello a que esté á altura das circunstancias e faga que a súa saída sexa un recordo de cariño, respecto e agradecemento hacía elas.