A Deputación convoca diversos procesos selectivos para cubrir 15 prazas para funcionarios e persoal laboral fixo, tanto de oposición libre como de concurso-oposición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Boletín Oficial do Estado de hoxe publica a resolución de 27 de setembro de 2023 da Deputación de Ourense, referente á convocatoria para proveer varias prazas referidas á Oferta de Emprego Público do exercicio 2022. As bases da devandita convocatoria consta publicada no BOP número 102, de 5 de maio de 2023. O prazo de presentación de solicitude será de 20 días naturais a contar desde mañá, que é o día seguinte á publicación desta resolución no BOE. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, para persoal funcionario convócanse 3 prazas de administrativos, de Administración Xeral, subgrupo C1, escala de Administración Xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de oposición en turno libre. Tamén se convoca unha praza de subalterno, de Administración Xeral, subgrupo AP, escala de Administración Xeral, subescala subalterna, mediante o sistema de oposición en turno libre. Por último, convócanse mediante o sistema de concurso-oposición, en turno de promoción interna, 2 prazas de administrativo, subgrupo C1, escala de Administración Xeral, subescala administrativa. 

Para persoal laboral fixo, convócanse, mediante o sistema de concurso-oposición, en turno libre, 3 prazas de chóferes especialistas; 2 prazas de axudantes de obras e servizos; 1 praza de maquinista de sala teatral do Teatro Principal; e 4 prazas de peóns camineiros. Por último, convócase por promoción interna e 1 praza de albanel.