A Xunta prohibe fumar na rúa e terrazas se non hai distancia de seguridade

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que dende este xoves estará prohibido fumar na rúa ou en espazos públicos coma terrazas se non se pode garantizar a distancia de seguridade. A medida foi recomendada polo comité clínico de expertos en prevención da Covid-19 nunha reunión celebrada hoxe, considerando que o fume do tabaco supón un alto risco para a difusión do coronavirus.

O presidente explicouno durante unha rolda de prensa posterior a este encontro. “Varios membros do comité clínico coinciden en que fumar sen ningunha limitación xa sexa nunha terraza, con persoas próximas, ou en zonas de gran afluncia de ciudadanos, sen ningunha distancia física de seguridade, é un risco alto de contaminación, de infección”, dixo Feijóo. O presidente asegurou que trátase de prohibir fumar na rúa ou lugares públicos onde non sexa posible manter a distancia de seguridade. Cando se está en tránsito ou movemento, segundo Feijóo, o fume pode perxudicar a persoas colindantes ou a persoas en círculos próximos.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente galego adiantou que esa decisión “estase redactando para dar seguridade xurídica”. A orde, que se publicará hoxe pola tarde, afectará a toda Galicia dende a medianoite de hoxe.