O C.D. Arenteiro anuncia novas fichaxes: Germán Novoa e Alex Fernández

O Arenteiro prepara a súa pretemporada anunciando novas fichaxes, que estarán baixo o mando do que xa é o seu novo adestrador, Fran Justo. A semana pasada anuncíabase un gran número de renovacións e tamén de grandes incorporacións. Na xornada de onte déronse a coñecer dous novos nomes.

Publicidade

O primeiro deles é Germán Novoa, xogador da canteira do Pabellón e directo do Ourense C.F. e que ocupará o posto de defensa central.

O outro nome que resoa para ocupar as filas verdibrancas é o de Alex Fernández, que chega ó Carballiño despois de cinco tempadas no Pontevedra C.F.  para ocupar o posto de medio centro.