A Biblioteca renova algúns dos seus fondos literarios

Dende a Biblioteca Pública Municipal do Carballiño convidan a todos os cidadáns a que se acheguen e ollen algunhas das últimas novidades incorporadas, xa que dende esta instalación están a facer unha renovación das coleccións para todas as idades e tanto en galego como en castelán.

Publicidade

Dende a Biblioteca queren promocionar a lectura durante a época estival, polo que tentan chamar a atención dos lectores, sobre todo dos máis novos, ca incorporación destas obras.

Asimesmo, lembran que segue aberto o prazo para o contacontos de “Aria, unha cadela diferente”, que terá lugar o próximo venres, 21 de agosto, ás 12h no salón de actos da biblioteca, e dirixido tanto a nenos/as entre 3-12 anos coma a colectivos especiais.