Tres residencias da comarca actualizan o sistema de monitorización de pacientes

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras está a pilotar unha iniciativa que permite monitorizar a saúde dos usuarios das residencias sociosanitarias, permitindo detectar precozmente cualquera caso de #Covid19 para actuar canto antes. Para elo, o persoal sanitario dos centros de saúde recibe e analiza todos os días a información de cada usuario, o que permite coñecer posibles problemas respiratorios ou febre, coa colaboración do persoal das residencias, previamente formados para o manexo da plataforma de seguemento telemático do Sergas: Telea.

Unha coordinación que permite actuar o máis axiña posible e minimizar os problemas que pode provocar un contaxio entre pacientes tan vulnearables. Unha das principais actividades é a formación por parte de enfermeiros ós traballadores das instalación. O procedemento consiste en medir certas constantes ós pacientes de forma diaria e rexistrar os datos nunha aplicación informática para facer o seguemento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste intre en Ourense están monitorizados máis de 900 usuarios de 65 residencias da provincia de Ourense que non contan con equipo médico propio. Unha iniciativa que proximamente se extenderá a outras áreas sanitarias. No Carballiño están presentes na Pena da Sela, en O Irixo; Blanco Amor, en Boborás, e as Caldas de Partovia no Carballiño.