O pasado mes de xuño a orde relixiosa das Hermanitas dos Anciáns Desamparados, que leva mais de 120 anos coidando dos anciáns no Asilo do Carballiño anunciaba que deixaba esta institución xeriátrica por motivos de organización da congregación. O relevo cólleno a congregación das Siervas de Xesús.
MISA
Esta mañá celebrouse unha misa na súa honra, á que acudiron as propias monxas homenaxeadas, representantes políticos do Carballiño e algúns veciños, aínda que se mantiveron as distancias e as medidas sanitarias no templo. José Leonardo Lemos, o bispo recordou o traballo feito durante os 120 anos que levan no Asilo, e a súa dedicación nos momentos difíciles, ademais de agradecerlles a súa devoción. Recordou como o foi o momento no que llo comunicaron, fai un ano, causándolle unha gran dor. Asegurou que os motivos foron a falla de irmáns para levar a cabo este traballo e a avanzada idade doutras.
A representante da congregación deu as grazas tamén a todas as persoas que traballaron man a man con elas, tanto axudantes, coma médicos e enfermeiros, e tamén a todos os que axudaron desinteresadamente á congregación. Agradeceron ó pobo a acollida e a axuda recibida, asegurando que se sentiron queridas durante todo este tempo.
Carmen García, Nai Superiora no Carballiño durante sete anos e, agora que exerce en Santiago, acudiu a esta homenaxe e mostrou a súa pena pola marcha da congregación.
Pola súa parte, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, tamén amosou o seu agradecemento á congregación, falando da gran cantidade de xente que acabou a súa vida de forma digna grazas ó labor destas monxas.