A Subida á Saleta volve ó Carballiño cun estricto protocolo polo Covid-19

A recuperación da Subida á Saleta o pasado ano estivo a punto de ser anecdótica xa que a XXII (vixésimo segunda) edición para o mes de abril tivo que ser cancelada pola chegada da pandemia do coronavirus. A emoción dos participantes e seareiros volve finalmente esta fin de semana coa recuperación desta proba automobilística.

O evento, que será presentado hoxe xoves no salón de plenos do concello do Carballiño contará coa presenza da concelleira de Deportes, Silvia Baranda e directivos da Escudería Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inscrición de participantes ainda non está pechada pero xo agardan que sexan sobre os 60. Pilotos que proceden de distintos puntos de Galicia e que axudarán, unha vez mais, a volver a situar ao Carballiño no panorama do mundo do motor en Galicia, no que a vila carballiñesa ten moita afección.

A Escudería Carballiño A.G.E. Motorsport, organizadora do evento, fixo un gran esforzo por manter a edición deste ano á que se lle engade un traballo extra pola aplicación da normativa de prevención de contaxios de coronavirus. Dende a organización agardan que a proba poda desenvolverse sen problema pero advirte que ainda pode haber unha cancelación por parte da Xunta de Galicia.

Alfonso García García adiantou no noso programa Acotío, que este ano o recinto pechado trasladase á avenida do Parque para evitar aglomeracións no centro da vila. Tomaráselle a temperatura a todos os participantes e acompañantes que serán máximo cinco por vehículo e non haberá entrega oficial de premios.