O BNG de Leiro reclama que se repoña a luz no barrio dos Carrís

O BNG de Leiro ven de presentar un escrito no concello solicitando que se lles explique por qué  hai máis dun mes que algunhas rúas do barrio dos Carrís de Leiro está sen iluminación pública.

Dede a formación entenden que a función do concello é a de garantir os servizos básicos dos veciños e denuncian unha falla de iluminación no que é o barrio máis habitado do concello, o barrio dos Carrís.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o BNG consideran intolerable que dende o concello se anuncie segundo afirman, en diferentes medios de comunicación, as obras e acondicionamento deste barrio mentres a formación asegura ter constancia de que a veciñanza está sen luz pública dende hai máis dun mes.

Dende o BNG esixen que se resolva esta situación coa maior brevidade para minimizar os trastornos causados.