Comunicado do BNG de Castrelo de Miño

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o BNG de Castrelo de Miño, alegrámonos de que se ampliara o período de presentación de candidatos para a contratación de 3 peóns no concello de Castrelo de Miño.

O pasado domingo 18 de abril era o último día para poder presentarse ao proceso selectivo de persoal laboral temporal mediante concurso oposición de 3 peóns de servizos múltiples. Para sorpresa deste grupo, as bases non estaban a disposición na sede electrónica do concello de Castrelo de Miño, co que os aspirantes que quixeran presentarse a través de dita sede electrónica, non ían poder facelo, tal e como estaba anunciado no boletín oficial da provincia do 13 de abril.

HIPER MASIDE

Pese a ser domingo, presentouse unha solicitude ante o concello de Castrelo de Miño solicitando que se ampliara o prazo de presentación de candidaturas e se puxera a disposición na sede electrónica as bases e anexos de dito proceso selectivo cumprindo así a lei. Alegrámonos de que o ilexítimo goberno rectificara e ampliara o prazo, podendo así presentarse 18 candidatos aos cales lles desexamos a mellor das sortes de cara a consecución do emprego.