Ourense amosa un repunte de contaxios e preocupación polos ingresos en hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 179 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.811, o que amosa un leve repunte de apenas 40 casos activos novos. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 40 (+3) persoas na UCI, e 162 (+1) ingresados nos hospitais.

Publicidade

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte, recordando cifras de febreiro. Hoxe hai 23 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 10 casos, con respecto á xornada de onte, ata os 245 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un incremento notable. Contamos con 18 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+1) na UCI.