O Arenteiro domina o encontro ante Osasuna B pero quédase cun empate (1-1)

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O campo de Espiñedo acolleu o pasado sábado o encontro correspondente á xornada 14 da liga de Primera RFEF entre Club Deportivo Arenteiro e Atlético Osasuna B, co resultado final dun empate a un gol que non refrexa o bó xogo de ataque despregado polo equipo do Carballiño. O recinto deportivo estreaba un novo alumeado con luces LED valorado en 60.000 euros, que foron financiados pola Xunta de Galicia. Na primeira parte, os visitantes ameazaron a portería de Diego García, que despexou un disparo do dianteiro vasco Lumbreras, mentres outro de David Ferreiro foi desviado por Garriz e tivo que ser sacado polo porteiro Valencia. Un cuarto de hora antes do descanso, Marcos Baselga remataba fora un pase de Diego Gómez, e un tiro deste era detido por Valencia. Nos últimos compases segunda metade, un fallo na defensa do Arenteiro na área propicia un disparo raso que sorprende a Diego García no minuto 83 (0-1). Catro minutos máis tarde, chegaba o gol do empate, cun control de Tarsi que cede a Martín Solar para meter o balón na portería osasunista (1-1).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O adestrador verde, Raúl Jardiel, apuntou na súa comparecencia ante os medios que “neste partido non te podías relaxar, porque o Osasuna creaba moito perigo” e engadíu que “foi un partido igualado pero no que nós levamos todo o peso, aínda que nos costou defender o xogo directo deles”. A seguinte cita de Club Deportivo Arenteiro, agora 3º na clasificación con 23 puntos, será xa este vindeiro domingo tamén no Espiñedo fronte ao Barça B. O equipo da capital catalana perdeu o último encontro na casa co Nàstic de Tarragono (0-2), e ocupa o 16º posto na táboa con 14 puntos.