Nota do Bng de Cenlle

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
O BNG de Cenlle vese na obriga de denunciar o atropelo que agora mesmo o Concello está a cometer contra o entorno do noso municipio.
As obras públicas están para mellorar os comunicacións, servizos e espazos comúns da nosa localidade. O grupo de goberno do Concello non debe utilizalas coma unha maquillaxe coa que encubrir a súa carente xestión. Así pois, non é de recibo que en cada obra no municipio os nosos veciños vexan máis impedimentos para transitar, longos prazos de cumplimento e vertedoiros de residuos. O BNG ven de denunciar reiteradas veces o verquido de escombros en parcelas veciñais e no entorno natural, máis neste último caso nas obras da Praza da Quintana de Laiasno o esperpento xa é inaudito. Pasouse de alegar que os escombros perto do campo de fútbol se ubicaban "de forma temporal", a que neste último pleno, o propio alcalde, recoñeza aberta e impunemente que sabe que se están depositando e soterrando escombros de forma irregular e contaminante. Dende o grupo municipal do BNG de Cenlle seguiremos denunciando estes sucesos, como xa levamos facendo dende o comezo da lexislatura. Ningunha maioría sitúa ao grupo de goberno por enriba do ben e do mal, e deben someterse aos procedementos de xestión de residuos e ao respeto das parcelas veciñais e o entorno natural. P.D.: Axúntanse imaxes cos escombros e o seu posterior soterramento.