A Insua dos Poetas celebrou o Día da Árbore e a Poesía cos escolares da comarca

A Fundación Insua dos Poetas celebrou hoxe o Día Mundial da Poesía e da Árbore cun programa de actividades no que tiveron especial protagonismo os máis de 300 escolares da comarca do Carballiño do IES Nº1, IES Chamoso Lamas, CEIP Nosa Señora de Xuvencos, CEIP Beariz, CEIP Maside, Colexio Vila do Arenteiro, Colexio Sagrado Corazón, CEIP Calvo Sotelo e CEIP Virxe da Saleta de Cea.

O colexio convidado foi o CEIP Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben Cho Shey), de Pereiro de Aguiar, o encargado de pechar as actuacións. Todos recibiron lotes de libros en galego, destinados ás bibliotecas dos colexios e institutos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Remataron esta Celebración da Auga, a Árbore e a Poesía na Insua dos Poetas coa plantación de árbores autóctonas por parte dos alumnos participantes.