Mañá remata o prazo da recollida solidaria de xoguetes da Cruz Vermella en colaboración co comercio local

IES CHAMOSO LAMAS

Esta campaña é unha iniciativa de Cruz Vermella, cuxos principais obxectivos son, en primeiro lugar, promover o uso de xogos e xoguetes como ferramenta educativa e de transmisión de valores no contexto escolar e familiar, ademais de dotar ás familias en dificultade social con nenos e nenas ao seu cargo, de xogos e xoguetes, enmarcado nun sistema de traballo real con estas persoas para que se cumpran os obxectivos de transmisión de valores e xogo saudable.

Este ano, a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto súmase a esta marabillosa campaña asinando un acordo de colaboración coa Cruz Vermella, onde se detalla que vinte e dous establecementos asociados actuarán como punto de recollida de todos os xoguetes doados para esta iniciativa solidaria.

HIPER MASIDE

O prazo de entrega rematará mañá, día 17 de decembro. Os 22 establecementos nos que se poden depositar os xoguetes a partir de hoxe son os seguintes: Eniac Informatica, Flor de Lis, Sol Plata, Innova Decor, Contos, Confitería Cerviño, Aura Modas, Dulcinea, Futboleros, Hobby Sport, Ende Ben, Chikitines, Outlet Alba Conde, La Moderna, Cortinas López, Papaventos, Publiocho, Parafarmacio O Buxo, Bar Soldado, Din Don Ucha e Píkaros.